RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fayçal, MVP no decisivo triunfo de Marrocos ante Togo

O deportivista Fayçal Fajr foi titular onte venres 20 de xaneiro coa súa selección, Marrocos, no segundo partido na Fase Final da Copa de África Gabón 2017, tras o que foi elixido mellor xogador do encontro. O seu rival foi Togo no Stade d'Oyem, na cidade de Oyem.

Aínda que arrancou o encontro por detrás no marcador, a vitoria final foi para Marrocos (3-1), un resultado que o mete na pelexa pola clasificación a cuartos de final.

Fayçal xogou 81 minutos e, xa con 3-1 no marcador, cedeu o seu posto a Ait Bennasser.

Este martes 24 de xaneiro ás 20:00 (hora local), tamén en Oyem, a selección marroquí enfróntase a Costa de Marfil no choque decisivo para saber que seleccións acceden deste grupo a cuartos de final.

O calendario de Marrocos é o seguinte:

Luns 16 de xaneiro
CONGO 1 - MARROCOS 0

Venres 20 de xaneiro
MARROCOS 3 - TOGO 1

Martes 24 de xaneiro
20:00: MARROCOS - COSTA DE MARFIL

Os dous primeiros equipos clasifícanse para cuartos de final.