RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fayçal, preconvocado por Marrocos para dous amigables

Fayçal Fajr, que tivo unha destacada actuación na última edición da Copa de África, está na preconvocatoria de Marrocos para dous partidos amigables este mes de marzo.

Serán o venres 24 fronte a Burkina Faso e o martes 28 ante Tunisia.

Nos próximos días, a Federación Marroquí de Fútbol fará pública a listaxe definitiva.

Celso Borges, na lista previa de Costa Rica

Celso Borges foi preconvocado pola súa selección nacional, Costa Rica, para dous partidos oficiais este mes, ambos correspondentes á eliminatoria pola zona CONCACAF para o Mundial de Rusia 2018.

Así, o venres 24 de marzo, Costa Rica visita a México, en Cidade de México; e catro días máis tarde, o martes 28, xogará ante Honduras en San Pedro Sula.

A convocatoria definitiva darase a coñecer o xoves 16 de marzo. En caso de estar entre os elixidos, Celso Borges tería que desprazarse ao seu país o luns 20 de marzo, tras #ONOSODERBI ante o Celta.

Kakuta, preconvocado pola República Democrática do Congo para un partido amigable

O xogador do Deportivo Gaël Kakuta foi preconvocado pola súa selección, a República Democrática do Congo, para un partido amigable no próximo parón ligueiro.

O choque está fixado o domingo 26 de marzo en Nairobi ante Kenia.

Nos próximos días, a Federación Congoleña de Fútbol fará pública a lista definitiva de convocados.