RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fayçal, titular no amigable de preparación que xogou Marrocos hoxe ante Finlandia

O deportivista Fayçal Fajr foi titular con Marrocos no amigable que a súa selección disputou en Marrakech ante Finlandia (0-1), preparatorio para a Copa de África Gabón 2017.

O atacante branquiazul xogou a primeira metade, e foi substituído por Omar El Kaddouri.

Fayçal está concentrado co seu equipo nacional desde o pasado 28 de decembro, para unha competición que ten este calendario para Marrocos:

Luns 16 de xaneiro
20:00: CONGO - MARROCOS

Venres 20 de xaneiro
20:00: MARROCOS - TOGO

Martes 24 de xaneiro
20:00: MARROCOS - COSTA DO MARFIL

Os dous primeiros de cada grupo acceden aos cuartos de final.