RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fayçal xogou hoxe domingo 84 minutos con Marrocos en Guinea Ecuatorial

Hoxe domingo 15 de novembro en Bata, Marrocos, na que foi titular o deportivista Fayçao,  cayó (1-0) ante Guinea Ecuatorial o partido de volta desta eliminatoria de clasificación para o Mundial de Rusia 2018. O centrocampista bra

Fayçal Fajr non chegou a saltar o terreo de xogo no triunfo de Marrocos (2-0) ante Guinea Ecuatorial no Estadio de Agadir o pasado xoves, no encontro de ida.

O atacante deportivista ten previsto chegar mañá luns pola tarde á Coruña.

Costa Rica, a petición do Deportivo, libera a Celso Borges, que chegará mañá luns á Coruña

A Federación Costarriqueña de Fútbol atendeu á petición do RC Deportivo e liberou a Celso Borges para que poida regresar inmediatamente á Coruña. A súa chegada está prevista para mañá luns ao mediodía.

Nada máis aterrar na cidade herculina, será avaliado polo traumatólogo do Club, Rafael Arriaza.

Celso Borges caeu lesionado con Costa Rica ante Haití (1-0), no primeiro dos dous partidos clasificatorios para o Mundial de Rusia 2018 previstos para este mes de novembro.

Os Servizos Médicos da Selección de Costa Rica puxéronse en contacto cos Servizos Médicos do RC Deportivo e comunicaron que o futbolista branquiazul sufriu "un trauma distorsivo do pé esquerdo, o cal provocou unha fractura do quinto metatarsiano. Dita fractura foi confirmada por tomografía".

Medunjanin xógase mañá en Dublín o pase á Eurocopa

Haris Medunjanin xógase mañá luns 16 de novembro en Dublín (19.45) o pase á Eurocopa 2016, no partido de volta da eliminatoria de repesca entre Bosnia Herzegovina e a República de Irlanda.

Na ida disputada en Zenica (1-1) o pasado venres, Medunjanin non saltou ao terreo de xogo coa súa selección, Bosnia Herzegovina.