RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

FC Porto e Athletic Club, rivais do Infantil A no Trofeo Dani Güeñes en Biscaia

O Infantil A do Dépor participa esta fin de semana na XIX edición do Trofeo Dani Güeñes, que se xoga na localidade de Güeñes (Biscaia).

O FC Porto e o Athletic Club serán os rivais do conxunto branquiazul na Primeira Fase.

O calendario de partidos do equipo que prepara Iván Vázquez é o seguinte:

Sábado 7 de abril
10:55: ATHLETIC CLUB - INFANTIL A
17:00: FC PORTO - INFANTIL A

Os dous primeiros equipos clasifícanse para as semifinais, que se xogarán o domingo 8 de abril.

A participación do Infantil A en este torneo provocou que o seu encontro da xornada 11ª da Liga Galega, Fase polo Título, ante o Ourense en Abegondo pase do sábado 7 de abril ao sábado 14 a partir das 11:30 horas.