RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fede Cartabia: "acá son moi feliz"

Tras a presentación da Semana de Prevención Cardiovascular de HM Hospitales "Non te arrisques, corazón", e someterse a un exame básico de corazón e de colesterol, o mesmo ao que pode acceder calquera cidadán de forma gratuíta durante esta campaña, Fede Cartabia, que regresa definitivamente ao Dépor, onde estará polo menos o próximas cinco temporadas, someteuse tamén a outro tipo de 'exame': o das preguntas dos medios de comunicación.

O atacante arxentino mostrouse "moi contento de estar acá". Recoñeceu ter "ofertas para ir a outros lados pero aquí son feliz. Xa coñezo o que é isto. Espero poder este ano dar un salto importante en Primeira División e estar un pouco máis tranquilo no Dépor".

Lembrou que na súa primeira temporada na Coruña "empezou con moitas lesións, pubalxias. Ao final puiden agarrar o ritmo. Este ano espero estar desde o principio".

Confesou ademais o papel de Poroto Lux, exfutbolista branquiazul, para convencelo de que asinase polo Deportivo: "Apoioume moito para que veña. Acá son moi feliz". "Fixémonos grandes amigos. Apoioume moito cando estaba acá e non xogaba. Sempre llo agradecín", engadiu Fede Cartabia.