RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fede Cartabia advirte do xogo ''moi directo e moi forte'' do Levante

  Fede Cartabia apuntó esta tarde en rolda de prensa en Abegondo que "non sé se son revulsivo ou non. Eu tento facelo o mellor que podo cando me toca estar. Ás veces sáeme e ás veces non. Non deixo nunca de tentalo".

O atacante deportivista, cedido pola Valencia, regresa ante o Levante á cidade levantina. A pesar diso, asegura que "se trata dun partido máis. Tres puntos importantes para nós, que imos tentar sacalos, porque é un partido moi difícil. Eles veñen de perder tamén e non vai ser fácil".

Non se fía Fede Cartabia da actual clasificación do Levante, último clasificado con 6 puntos: "Todos os equipos son difíciles, e máis o do Levante, que dos difíciles vai ser dos que máis, porque ten un xogo moi directo e moi forte".
 
Sobre o desprazamento de afeccionados deportivistas ás bancadas do Ciutat de Valencia este sábado ás 18.15 horas (Canle + Liga / Abono Fútbol), Cartabia subliña que "a xente que está connosco é moi importante para darnos ese plus de alento cara a nós, que o sentimos e moito. Temos que responderlle xogando ben e dándolle tres puntos".