RCD / NOVAS

Fede Cartabia, Borja Valle e Bicho incorporáronse esta tarde ao adestramento de grupo

17/07/2017 20:39

Fede Cartabia, Borja Valle e Bicho foron as novidades no adestramento desta tarde na Cidade Deportiva de Abegondo, no regreso ao traballo do primeiro equipo tras o día libre de onte domingo. Os tres superaron as molestias físicas que lles impediron acabar a semana pasada co grupo. Hoxe realizaron toda a sesión con normalidade. Especialmente no caso de Fede Cartabia, os Servizos Médicos agardarán á súa evolución nos próximos días.

Coa presenza dos canteiráns Óscar Pinchi, Edu Expósito e Francis, Pepe Mel dispuxo, por grupos, de traballo táctico e un circuíto físico con balón. A tarde arrancou no ximnasio, con exercicios de forza; e finalizou cun partido once para once no campo 2.

Mañá martes, o adestramento arrancará ás 10:00 horas. Ao finalizar, o corpo técnico dará a lista de convocados para o encontro de pola tarde (19:30 horas) no campo do Roxo ante o Cerceda (Segunda División B), no cuarto amigable desta pretemporada. A directiva do club cercedense fixou en 10 euros o prezo das entradas para o público.

RCD / AXENDA

12 ABR

Domingo Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada36 RC Deportivo - SD Ponferradina

19 ABR

Domingo Estadio Heliodoro Rodríguez López

Partido

Xornada37 CD Tenerife - RC Deportivo

26 ABR

Domingo Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada38 RC Deportivo - SD Huesca

03 MAI

Domingo La Rosaleda

Partido

Xornada39 Málaga CF - RC Deportivo

10 MAI

Domingo Estadio ABANCA-RIAZOR

Partido

Xornada40 RC Deportivo - Extremadura UD