RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fede Cartabia: ''canto antes logremos o obxectivo, despois gozaremos todos''

Fede Cantabria compareció esta tarde ante os medios de comunicación en Abegondo na primeira rolda de prensa do añou 2016. Do encontro en Xetafe, no que además foi titular, asegura que "sabíamos que ía ser un partido

Por este motivo, "nós o punto dámolo por bo. O partido non se deu como queriamos, pero sabiamos que ía ser así". Insiste en que "é un punto máis para o obxectivo ante un rival directo, que non suma dous. Nós temos que seguir así, traballando".

Do Vilarreal, destaca Fede Cartabia que "ten moi bo equipo. Vai cuarto. Son un bloque que se coñecen todos. Nós imos facer o noso partido, tentar sacar o tres puntos, e canto antes lograr o obxectivo, que é o primordial para nós".
 
Cedido pola Valencia, ve no entanto o partido deste domingo en Riazor (18.15 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol) ante o Vilarreal sen ningún tipo de rivalidade,"como un partido máis. Estou acá no Deportivo e estou moi feliz".
 
Sostén Fede Cartabia que neste mes de xaneiro, cun calendario cargado de partidos en liga e Copa, "nós imos ir partido a partido. Canto antes logremos o obxectivo, despois gozaremos todos. O que veña, bo será".
 
Pídelle ao 2016, nesta liña, "primeiro a salvación. E despois se podemos soñar con estar aí, con pelexar por Europa, é fermoso".