RCD / NOVAS

Fede Cartabia e Carlos Fernández acaban con molestias musculares

27/01/2019 21:32

Fede Cartabia e Carlos Fernández acabaron o encontro desta tarde en El Molinón-Enrique Castro 'Quini' ante o Sporting de Gijón con molestias na musculatura isquiotibial da súa perna dereita.

O futbolista arxentino foi relevado polo andaluz no minuto 65 de partido, aínda que Carlos logrou chegar ao final do choque.

Os Servizos Médicos do RC Deportivo avaliarán nas próximas horas o estado físico dos dous atacantes deportivistas de cara ao encontro do próximo sábado 2 de febreiro en ABANCA-RIAZOR ante o CD Tenerife (20:30 horas, LaLiga 1|2|3 TV).