RCD / NOVAS

Fede Cartabia: "É un momento onde debemos demostrar o grupo que somos"

16/01/2019 22:01

Fede Cartabia foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

O atacante arxentino asegura que esta semana, a pesar da derrota do pasado sábado en Mallorca, "é unha semana máis. O que pasa é que vimos duns resultados aos que non estabamos afeitos. Sabiamos que isto ía pasar. Non ía ser todo de cor de rosa. Obviamente nós queremos facelo. Pero a competición é moi dura, longa. Xa se está demostrando que está moi complicado. Temos que ir partido a partido. Agora temos un partido esta fin de semana para demostralo".

A causa destes últimos resultados, ao seu xuízo, é que "hai dous meses e medio as que pegaban no traveseiro metiámola con nada. O que nos está pasando é que nos están facendo gol e nós non os estamos facendo".

Do mesmo xeito que onte Borja Valle, Fede Cartabia cre que "hai que ter tranquilidade, traballar e ver en que estamos a fallar para a fin de semana poder gañar, que o necesitamos".

Pon o foco máis "no mental que noutra cousa polos resultados, polas dúbidas que nos deixaron algúns partidos. Quedan moitos partidos. O domingo temos un partidazo para sacar todas as dúbidas que temos".

Sostén que máis que os rivais, "o máis importante é mirar para nós, centrarnos en nós. Non mirar cara aos demais. Tratar de saír do momento que estamos a pasar. Non sei se é unha fochanca. É un momento onde debemos de aprender e demostrar o grupo que somos. A partir de aí seguir crecendo. Este é un bo equipo, un grupo fenomenal. Facía moito que non se vía isto acá. Temos que seguir por ese camiño e traballar durante a semana porque temos un partido importante diante da nosa xente", en referencia á visita do Albacete Balompié a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 20 de xaneiro (18:00 horas, Movistar Partidazo).

Precisamente deste encontro, Fede Cartabia di que "é importante polo golaverage (1-1 na primeira volta no Carlos Belmonte), porque eles veñen facendo unha primeira volta espectacular, teñen bos xogadores".

Desexa gañar o partido "para seguir gañando esa confianza que quizais nos está faltando nos últimos partidos. E afirmarnos aí arriba. Non sei se é un partido tan tan importante porque ao final quedan moitas xornadas e isto é larguísimo. Víronse equipos que perderon puntos en campos onde non o esperaban".

Advirte que "presión ningunha" o domingo fronte ao conxunto manchego: "Temos que saír a xogar, a gozar e a gañar obviamente diante da nosa xente. Que mellor que facelo en ABANCA-RIAZOR e darlle esa alegría que o merecen. E para seguir confiando no noso traballo, que non se cren dúbidas ao redor noso. Pechar todo este tipo de especulacións".

A nivel persoal, asegura atoparse "ben. Vou aos poucos tratando de dosificarme. O outro día xoguei e sentinme ben, ao final un pouco canso. Custoume moito entrar neste tramo de liga. Espero poder gozar todo o que quede e achegar o meu gran de area".

Confesa, referente ás lesións sufridas, que "un vai aprendendo do que vai vivindo. Tocáronme moitas lesións, que me avisaron e non parei por cabezón, por querer seguir, por querer axudar. Isto dáche un pouco de experiencia de ver como está o teu corpo. Coñézome moito máis. Espero poder coñecerme e non lesionarme máis, que é o máis importante".

Máis novas de: CARTABIA