RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fede Cartabia e Zakaria Bakkali coinciden en destacar as boas sensacións do equipo

Fede Cartabia e Zakaria Bakkali foron os protagonistas na zona mixta do Estadio de Pasarón.

Así, o atacante arxentino definiu o Trofeo Luís Otero como "un partido máis serio, ante un equipo máis difícil. Vimos traballando moi ben, demostrámolo. Temos que seguir por ese camiño".

Nesta liña, cre que "é importante gañar. Todos os partidos gañamos con superioridade. Hoxe volvémolo a demostrar. Este é o camiño. Temos que seguir traballando día a día".

A nivel persoal, Fede Cartabia asegura que se atopa "ben, sumando partidos. Fáltame un pouquiño máis, pero con traballo seguro que vou estar ben".

Explica que no equipo "temos unhas características para ter a pelota. Somos case todos baixiños. Benefícianos. Oxalá demos unha boa esixencia nos adestramentos. Pepe Mel quere que teñamos a pelota e oxalá cheguemos ben ao comezo de liga, que é un partido moi importante".

Pola súa banda, o bigoleador Zakaria Bakkali apuntou que as sensacións son boas: "Gañamos todos os partidos. As sensacións son boas".

A nivel persoal, o internacional belga sente "cómodo. Estou contento de estar aquí, con este equipo".

Desvelou que Pepe Mel pídelle "profundidade" e, aínda que prefire xogar en banda, "dáme igual onde", en referencia a estes partidos, nos que Bakkali actúa en punta de ataque.