RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fede Cartabia recibe a alta médica ao finalizar a sesión desta mañá en ABANCA-RIAZOR

Ao finalizar o adestramento desta mañá en ABANCA-RIAZOR, Fede Cartabia recibiu a alta médica. Así mesmo, tamén se adestraron con normalidade no grupo Diego Caballo e David Simón.

Precisamente, Natxo González manifestou en rolda de prensa posterior que os 3 xogadores acabaron hoxe "aparentemente con boas sensacións. Imos esperar a mañá para saber como se atopan. Mañá tomaremos as decisións en función das sensacións que teñen eles".

Mañá domingo, o cadro está citada para almorzar ás 9:30 en Abegondo. Está prevista unha sesión de vídeo e un exercicio de activación. Ao finalizar, o técnico deportivista dará a lista de convocados que se concentrarán ao mediodía no Hotel Meliá María Pita á espera do choque ante o Real Zaragoza, previsto para as 20:30 (GOL e LaLiga 1|2|3 TV) en ABANCA-RIAZOR.

Esta mañá, após un quecemento e un exercicio de finalizacións, os futbolistas, hoxe ademais coa meta fabrilista Pedro López, realizaron un partido a tres cuartas partes de campo e, para concluír, ensaio de accións a balón parado.