RCD / NOVAS

Fede Cartabia recibiu a alta médica ao finalizar o adestramento de hoxe

07/09/2018 13:26

Ao terminar a sesión de traballo desta mañá en Abegondo, Fede Cartabia recibiu a alta médica. Así pois, o atacante arxentino ponse a disposición de Natxo González para o partido deste domingo 9 de setembro no Estadio ABANCA-RIAZOR ante o Sporting de Gijón (20:45 horas, Movistar Partidazo).

Os Servizos Médicos do RC Deportivo agardarán a mañá sábado para comprobar se Carles Gil está en condicións para o choque ante os asturianos. Esta mañá, do mesmo xeito que onte, o centrocampista valenciano traballou co readaptador, Fran Molano.

Pola súa banda, dous futbolistas están de baixa médica a día de hoxe: Quique González e Borja Valle.

Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista:

Máis novas de: CARTABIA