RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fede Valverde: "Vin para que o Dépor estea ben e axudalo"

Fede Valverde atendeu aos medios de comunicación na sala de prensa do Hotel Attica 21 de Vilalba, cuartel xeral do Deportivo.

Subliñou que esta semana de concentración é "linda porque se comparten momentos cos compañeiros e iso suma moito para o grupo".

Apunta o centrocampista branquiazul que esta temporada "quero ter protagonismo. O míster está a probar xogadores. Se non me toca xogar fareino da mesma forma estando ao máximo para apoiar aos meus compañeiros".

Advirte o uruguaio que se marca como obxectivo que "ao Dépor lle vaia ben. Se a min vaime ben é moito mellor para un futuro. Vin para que o Dépor estea ben e axudalo".

Fede Valverde está agradecido polo recibimento do vestiario: "Todos se están achegando moito a min. Achegáronse o primeiro día que cheguei. Iso para min é unha satisfacción porque sinto que estou a caer ben no grupo. Alégrame moito".

Cre o '17' branquiazul que no centro do campo "hai bos xogadores, moitísima calidade. Hai unha rivalidade pero sa. Iso axuda ao grupo. Sabemos que todos podemos dar o máximo, todos temos calidade. Axuda moito ao Dépor".