RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Fernando Navarro cre que o vestiario do Dépor ''é moi san, moi bo''

Fernando Navarro compareció na sala de prensa de Abegondo esta mañana, nada más finalizar o primeiro adestramento desta semana do primeiro equipo. Confesó estar "contento por xogar aquí. A cidade, tanto á miña famil

O campión da Eurocopa 2008 cre que o cambio de Sevilla pola Coruña é "bonito, ilusionante. Ábrese unha etapa nova para min, onde teño moita motivación e ilusión para seguir a miña traxectoria. Oxalá sexa unha boa tempada para todos".

Insiste Navarro en que ao dar este paso "sabía que ía ser diferente. Ao final xogo ao fútbol por motivación persoal, e a motivación extra é facer unha boa tempada aquí na Coruña, que o equipo manteña a categoría. Eu encontro no obxectivo da permanencia unha oportunidade".

Explica o internacional deportivista que fichou polo Deportivo "para xogar de lateral. En caso de necesidades se o míster considera oportuno que ocupe a posición de central pois me adaptaría, pero sabendo que o meu posicion específica é a de lateral esquerdo".

Fala Fernando Navarro de que "nos atopamos (Arribas e el) un vestiario moi san, moi bo. Son as bases importantes para facer unha boa tempada. Sobre todo pois vimos con ilusión de achegar experiencia e rendemento".