RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vázquez, Alba e Dani participan nunha charla do Foro Cívico o xoves na Fundación ONCE

O adestrador do Real Club Deportivo, Fernando Vázquez, xunto a dous dos capitáns dos primeiros equipos do Club, Dani Giménez e Alba Merino*, participan o xoves a partir das 19:30 horas nun coloquio organizado polo Foro Cívico na sede da Fundación ONCE.

No auditorio do Cantón Grande, 3 atoparanse, ademais, con Eduardo López, Beci, exjugador e exdirectivo do Club, para participar nunha charla moderada polo exdirector de deportes de RNE en Galicia, Moncho Viña.

É un acto aberto a toda a cidadanía para conversar sobre o pasado, o presente e o futuro de Club e a súa importancia na cidade, no que tamén se poderán realizar preguntas por parte dos asistentes como público.

*Finalmente participará no acto, representando ao Dépor ABANCA, Miriam Ríos.