RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vázquez: "Aos puntos, se isto fose un combate, fixemos máis"

Fernando Vázquez subliñou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que o partido ante o CD Lugo estivo "equilibrado. Quizais aos puntos, se isto fose un combate, fixemos máis puntos. Pero o partido foi noso até o minuto 70 ou 75. A partir de aí caemos un pouco. Futbolistas que son importantes para nós caeron no seu rendemento. Quixen facer cambios para gañar o partido pero foi xa en contra de vento. O CD Lugo empezábase a impoñer. Fixen uns cambios para atacar. Pero xa perdemos o control da pelota, o control do partido".

O técnico deportivista lembra que "somos un equipo moi serio, difícil de penetrar, de que nos fagan dano. Pero hoxe necesitabamos o aspecto ofensivo para gañar o partido. Neste sentido, tardei (en facer cambios) porque non vía clara a situación. Cando fixen os cambios non creo que estivese moi acertado".

Quixo dar as grazas á afección, cunha "presenza impresionante en ABANCA-RIAZOR" e confesou que o vestiario está "triste, pero non é nada negativo desde o meu punto de vista".

Márchase Fernando Vázquez de ABANCA-RIAZOR con "decepción. Foi un paso atrás. Cando arranca un partido pensas que vas gañar. Tiña a seguridade de que hoxe gañariamos, pero xogabamos ante un rival que ao Dépor déuselle de forma difícil".

Pola súa banda, Curro Torres, técnico do CD Lugo, quixo felicitar en primeiro lugar "aos meus xogadores polo traballo que fixeron, polo esforzo que fixeron. Durante os 90 minutos fixeron un partido moi completo".