RCD / NOVAS

Fernando Vázquez confía en chegar a "un Deportivo mellor, máis seguro e se é posible cun fútbol máis atractivo"

08/01/2021 19:47

Fernando Vázquez manifestou na sala de prensa de Abegondo que "o equipo está ben, confiado, seguro. Volvemos a unha competición na que todo o mundo considéranos favoritos. Temos que saber enfrontar esta situación mellor. É unha cuestión un pouco mental, difícil de valorar".

O técnico deportivista subliña que "queremos gañar estes dous partidos que veñen a continuación, Zamora e Salamanca. E para iso estamos a traballar. O equipo está ben. O partido do Alavés veunos perfectamente para que se desen conta que teñen nivel, que son competitivos. E seguiremos traballando nese obxectivo que mostren a súa mellor cara e non lles poida a responsabilidade que teñen".

A piques de concluír a primeira volta no subgrupo A do grupo 1º de Segunda División B admite que "algúns futbolistas chegaron nun estado un pouco baixo. Aos poucos cando fósemos incorporando xogadores e eses futbolistas mellorando o seu estado de forma o equipo iría mellorando. Está a demostrarse, está a verse".

Espera para esta segunda parte da liga "ir a mellor, imos ir superando niveis de rendemento. Iso espero. Espero un Deportivo mellor, máis seguro; e se é posible cun fútbol máis atractivo. Especialmente o que me importa é non deixar puntos detrás".

Do Zamora CF, rival este domingo 10 de xaneiro no Estadio Ruta de la Plata (17:30, Footters), Fernando Vázquez cre que é un equipo "moi ben traballado, moi ben adestrado. É vulnerable nalgún aspecto pero os futbolistas teñen certo nivel. Están moi ben organizados e pódenche crear problemas. Creo que sabemos como poder contrarrestalos. En Segunda División B hai bos equipos e bos adestradores. Hai que ter moito respecto a todo o mundo".

Máis novas de: FERNANDO VAZQUEZ