RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vázquez: "Esta situación vai ser superada sen dúbida"

Fernando Vázquez lembrou ao concluír o encontro no Estadio Ruta da Prata que "isto non ía ser nada fácil. Manifesteino moitas veces. Esta situación vai ser superada sen dúbida. A Segunda División B non é nada fácil".

O técnico branquiazul admite que o Dépor hoxe non se sentiu cómodo ante o Zamora CF: "En primeiro lugar dicir que foi mellor. Por tanto felicitar ao Zamora. Creo que fixo un bo partido. Nós tentámolo de moitas maneiras diferentes pero non conseguimos un ritmo de posesión adecuado para facerlle dano".

Subliña que "dispuxemos pouco da pelota. Eles circularon a pelota con moitísimo máis criterio, con máis sentido. A pesar de todas as modificacións que tentei facer durante o partido, non conseguimos controlar ao Zamora e facerlles dano".

De cara ao próximo encontro do domingo 17 de xaneiro (16:00 horas) no Helmántico ante o Salamanca CF UDS, a Fernando Vázquez, a pesar desta derrota, preocúpalle "recuperar á xente que está fóra do equipo para que sexa máis poderoso e teña máis recursos aos que recorrer en caso de necesidade. A día de hoxe tiña poucos".

Espera contar con Borja Galán e Derik: "Os problemas son os que caeron a semana pasada, concretamente Eneko, Claudio Beauvue e Héctor. Borja Galán e Derik seguro que están connosco. Miku vai ben pero máis lentamente. E Diego Rolan é unha sobrecarga no cuádriceps que tampouco é demasiado importante".