RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vázquez: "Estamos contentos polo resultado pero seguimos en déficit en fluidez"

Fernando Vázquez manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "estamos contentos polo resultado pero seguimos en déficit de fluidez, de crear máis opcións, máis posibilidades. Hoxe probabamos unha forma diferente ao comezo. Parecía que podería funcionar; pero á media hora decidín cambiar outra vez porque non sentía que tiña o control do partido".

O técnico deportivista subliña que "defensivamente non concedemos en exceso pero teño que conseguir que o equipo ofensivamente sexa máis perigoso".

Explica que no primeiro tempo "xogamos un 4-4-2 en rombo. É un sistema de xogo que dá moita capacidade de pase. Tiñamos a pelota pero profundamos pouco. No primeiro tempo tivemos a pelota máis tempo en campo contrario pero considero que segue sendo insuficiente".

Finalmente comenta que na segunda parte cambiou a unha defensa de cinco "porque sempre quero mellorar o equipo, que sexa non só máis invulnerable senón ao mesmo tempo darlle máis posibilidades e xogar con máis tranquilidade e máis relaxado. Isto foi o que busquei cando saquei a Álex Bergantiños".

Pola súa banda, Emilio Larraz, técnico do Racing de Ferrol, comentou que durante todo o partido nos faltou ser capaces de conectar no último terzo de campo. Até aí fixémolo ben. Pero logo faltounos saber desequilibrar nesa última parte, atopar situacións que lles puidésemos coller as costas, facer algunha acción individual de desequilibrio. Aí faltounos capacidade para facerlles dano, aínda que é verdade que xogas ante un equipo que é moi solvente defensivamente".