RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vázquez: "Foi un espectáculo vir hoxe a xogar nesta marabilla de estadio, cheo de xente"

Fernando Vázquez destacou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que, ante a UD Las Palmas, "o equipo tivo paciencia, a afección tivo paciencia. Entende perfectamente o que quere do equipo. Para min foi un espectáculo vir hoxe a xogar nesta marabilla de estadio, cheo de xente. E que ao final do partido, a xente non se retire, segue esperando a que o equipo saude, para min foi unha sensación incrible".

O técnico deportivista insiste en que o Dépor debe aspirar a "gañar 7 partidos máis e poder fallar 12. As cousas cambiaron. É o noso único obxectivo, Alcorcón. Outra final. Non temos máis pretensión que esta, gañar os partidos suficientes para estar fóra de perigo".

Valorou positivamente o mercado de inverno que concluíu onte: "O equipo está un pouco máis equilibrado. Temos bandas puras, con Keko Gontán e Hugo Vallejo; 4 dianteiros; de centrais estou ben, e deixamos marchar a Lampropoulos porque consideraba que non había problema; e estanos faltando un pouco os laterais, con Salva Ruiz e David Simón lesionados. Creo que o equipo está mellor construído e máis equilibrado en todas as posicións, que permite ao adestrador xogar por dentro, por fóra... E teño recambios en todas as posicións".

Pola súa banda, Pepe Mel, técnico da UD Las Palmas, subliñou que "temos un serio problema que é que a xente que xoga por fóra está lesionada. Os 4 de banda están fóra do equipo. Creo que facemos as cousas medianamente ben por dentro pero ao final a pelota ten que acabar por fóra e iso é o que nos está fallando".

Opina que "as dinámicas nos equipos nótanse bastante. Hai mes e medio, o partido que o Dépor gaña ao Albacete non o gaña na vida. Pero isto é así, son dinámicas".