RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vázquez leva a todos os dispoñibles, un total de 20, ao amigable de mañá sábado en Vilalba

O Deportivo afronta mañá sábado 26 de setembro o seu primeiro amigable de pretemporada. Será na Magdalena ante o Racing Villalbés (11:30 horas).

Fernando Vázquez citou a todos os seus futbolistas dispoñibles, un total de 20, incluídos Álvaro Queijeiro, que se adestra estes días co Dépor; e Miku, pendente de asinar toda a documentación relativa á súa fichaxe.

Serán baixa para este encontro Borja Galán, Claudio Beauvue e Lucho García. Os dous primeiros están con adestramento específico estes días e o meta colombiano traballa diariamente co técnico de porteiros, Alberto Casal, para apurar a súa posta a punto. Esta tarde tamén se adestrou no ximnasio Mujaid, aínda que o canteirán si entrou na lista de Fernando Vázquez para o partido de mañá.

Na sesión vespertina de hoxe, após un quecemento con rondos, Fernando Vázquez dispuxo unha tarefa de posesión; un exercicio de saída de balón no campo 2; e, para concluír, un partido a metade de campo e series de carreira supervisadas polo preparador físico Manuel Pombo.