RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vázquez márcase como obxectivo "ser nesta liguiña o mellor equipo"

Fernando Vázquez subliñou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR, ao concluír o encontro ante o Sporting de Gijón, que "sei exactamente os números que teño que facer para salvarnos. Agora son fáciles de facer. Quero ser nesta liguiña o mellor equipo. Gustaríame facer isto. Pero empezamos mal".

O técnico deportivista márchase cunha sensación "un pouco decepcionante. Tentamos unha cousa diferente ao comezo de partido. Pero ao mesmo tempo sentía o perigo, que o Sporting podía facerme gol. É unha sensación que non soporto. Iso de que aínda que estivésemos impresionantes, que o Sporting tivese posibilidades. Sentía o perigo. Non me estaba gustando. Tivemos algún momento bo, non digo o contrario. Buscabamos recuperar rápido pero non estivemos demasiado axustados. Entón o partido converteuse en 'un agora atacas ti, agora eu, especialmente no segundo tempo'. Tiven que cambiar despois dun 3-4-3 que expuxen de inicio ou 5-3-2, chámao como queiras, a un 4-4-2 en rombo porque me preocupaba a posición de Manu García. Creo que melloramos un pouco".

Após o descanso, "iniciamos igual pero volvemos cambiar buscando un pouco máis de velocidade e dando refresco ao equipo con Koné e Keko por fóra. O Sporting tivo ocasiones pero nós tamén tivemos algunha. Pero non estou moi satisfeito de como foi o partido".

Preguntado polos 5 cambios realizados, advertiu que "non gañamos o partido pero non creo que os cambios empeorasen ao equipo. Mellorárono, déronlle máis estabilidade e cumpriron o que buscaba. Cinco cambios a min encántame. Se puidese cambiar os 10 igual cambiábaos. Gústame ter cambios para poder modificar ao equipo. Non para cambiar dianteiro por dianteiro senón cambiar a estrutura do equipo".

Confesou nesta liña que lle preocupou o último cambio, Montero por Mujaid, "que quizais se non tivese Montero o cartón amarelo é posible que non o cambiase. E o cambio fose outro".

Fernando Vázquez cre que os xogadores, a nivel físico, "acabaron bastante ben. Pareceume que o equipo fixo un desgaste importante no primeiro tempo, cando estaba un pouco máis descolocado. Pero estou contento co rendemento físico. Pareceume adecuado e axustado ás posibilidades que tiñamos".

Pola súa banda, Miroslav Djukic, adestrador do Sporting, manifestou estar "contento co traballo do equipo.Tivemos oportunidades, non as aproveitamos pero a verdade é que fixemos un bo traballo. Non é fácil aquí facer oportunidades ao Dépor, porque é un equipo que se pecha ben e ten xogadores de calidade".