RCD / NOVAS

Fernando Vázquez redebuta con vitoria nos Pajaritos (0-1)

05/01/2020 14:13

O redebut de Fernando Vázquez á fronte do Dépor chegou cun cambio de esquema coa aplicación por primeira vez na temporada dunha defensa de cinco con Bóveda, Mujaid, Somma, Montero e Salva Ruiz. Foi a principal novidade xunto coa presenza de Mollejo como referencia ofensiva escoltado por Borja Valle e Ager Aketxe.

As temperaturas en Soria fixeron que unha das áreas, á que non lle deu o sol en todo o partido, estivese completamente conxelada, igual que una das bandas, o que condicionou tanto os movementos dos xogadores como do balón por esa zona á que atacou o Dépor na primeira metade.

Aínda non se cumpriron o cinco minutos cando o Numancia tivo a súa primeira aproximación nunha xogada embarullada que sacaron entre tres defensas, o último deles Mujaid evitando un disparo de socato dentro da área de Ledes. A pesar desta ocasión e do dominio local no tramo inicial do partido, Dani Giménez apenas tivo que intervir nun disparo máis de Curro. O armazón defensivo do Dépor estaba a dar os seus froitos.

Arriba o Deportivo estivo a piques de adiantarse grazas a un gran disparo de falta de Aketxe que botou a escasos centímetros da man de Barrios, que logrou despexar antes de que o balón se envenenase máis co xeo da área que defendía. Gran lanzamento e gran parada para o que acabaría converténdose no xogador máis destacado do equipo local.

Co paso dos minutos o Dépor foise soltando arriba, forzando varios córners e remates como un de Mollejo, frouxo de cabeza, ou de Montero, desviado. O hoxe dianteiro branquiazul viu cartón amarelo superada a media hora coa que cumpre ciclo e polo que se perderá o próximo partido contra o Racing de Santander en ABANCA-RIAZOR.

Foron os prolegómenos a outra gran ocasión a balón parado de Aketxe e á xogada clave do partido: unha falta de Mollejo dentro de área local que acabou en patada de Gus Ledes que após revisión do VAR acabou sendo considerada vermella directa polo árbitro do partido.

Após a continuación o Dépor continuou coa filosofía sachada durante a primeira parte pero coa diferenza do acerto. Á saída dun córner e atento ao rexeite após remate de Bóveda, o italiano Michele Somma puxo por diante ao Deportivo con máis de media hora aínda para o final.

A partir de aí o Numancia foise arriba buscando o empate con intensidade e xerando chegadas, poucas delas o suficientemente claras como para inquietar en exceso a un atento e seguro Dani Giménez.

Á contra o Deportivo tentou sentenciar o partido e dispuxo de varias ocasións, tanto con balóns colgados como desde a esquina, aínda que a máis clara volveu ser un zapatazo de Aketxe desde fóra da área que obrigou a voar a Dani Barrio.

O gardameta local sumouse ao ataque na última xogada do partido en busca de imitar a Jaques Songo'ou nese mesmo campo hai dúas décadas, pero non houbo sequera remate e o Deportivo puido certificar a súa segunda vitoria consecutiva en LaLiga antes de dous partidos consecutivos en ABANCA-RIAZOR ante Racing de Santander, o equipo que está xusto por diante na clasificación, e o líder Cádiz.

Previamente, partido de Copa en Salamanca con agasallo de Reyes debaixo do brazo, os 3 puntos nos Pajaritos.

CD Numancia: Dani Barrio, Calero (Néstor, min. 79), Derik, Castellano, Héctor, Gus Ledes, Vidorreta (Guillermo, min. 65), Curro, Moha (Soa, min. 72), Mateu e Higinio.

RC Deportivo: Dani Giménez, Eneko Bóveda (Luis Ruiz, min. 76), Mujaid, Somma, Montero, Salva Ruiz, Álex Bergantiños, Peru, Borja Valle (Longo, min. 85), Aketxe e Mollejo (Borja Galán, min. 76).

Goles: 0-1 Somma (min. 54).

Árbitro: Sagues Oscoz (c. Vasco). Amoestou a Mollejo (min. 34), Bóveda (min. 35), Mateu (min. 64), Curro (min. 67) e expulsou a Gus Ledes (min. 40).

Incidencias: partido da 22ª xornada de LaLiga SmartBank disputado no Estadio dos Pajaritos ante case un centenar de espectadores deportivistas.

RCD / J22 LaLiga SmartBank

Suplentes

Suplentes

Estadio

Nuevo Estadio de Los Pajaritos

Goles

  • 0-1 (54'). Somma

Árbitro

..

Valora a #osnosos no #NumanciaDépor

#ANOSAFORZA
8,7
EQUIPO TÉCNICO
8,0
SOMMA
7,6
AGER AKETXE
7,2
PERU NOLASKOAIN
6,7
DANI GIMÉNEZ
6,7
MUJAID
6,6
MOLLEJO
6,5
ÁLEX BERGANTIÑO
6,4
SALVA RUIZ
6,3
BORJA VALLE
6,1
EQUIPO ARBITRAL
6,1
ENEKO BÓVEDA
6,0
BORJA GALÁN
5,5
MONTERO
5,2
LUIS RUIZ
5,0
LONGO
4,2
O periodo de votación finalizou o 12-01-2020 12:51.