RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vázquez, sobre a clasificación: "Sei o que temos que facer e ímolo a facer"

Fernando Vázquez confesou en primeiro lugar na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR "estar un pouco triste" pola lesión de Peru Nolaskoain, ao que cualificou como "un xogador importante".

Sobre o encontro, explicou que na primeira parte "decidín, visto o visto en Oviedo, probar e non estivemos ben. O Rayo colleunos con certa facilidade. Encaixar un gol no primeiro minuto é complicado. E como foi o segundo e o terceiro foi un pouco duro. O equipo conseguiuse repoñer e iso é moi positivo para todos".

Na segunda metade, engade o técnico branquiazul "superamos amplamente ao Rayo pero non chegou. Estaba a pensar en celebralo e non puido ser. A seguir e a pensar no partido do Elche".

Recalcou que "xogamos este partido con 68 horas de recuperación. E imos agora a xogar contra un equipo con 4 días de descanso. E nós seguimos con 3. Isto que parece que non ten valor, ten moito e inflúe decisivamente no estado de forma, na condición física, e no estado mental do meu equipo. Iso estámolo pagando".

Advirte que non mira a clasificación: "Non sei exactamente onde estamos. Sei o que temos que facer e ímolo a facer. Estou responsabilizado. Sei o que o equipo ten encima e eu tamén. Sei que club é este. Sei a afección que temos. A historia, o Club pesa nos xogadores e en min tamén. Xa me gustaría que esa xente que está a sufrir estivese no partido. Estou convencido de que se fora con público, gañásemos seguro e estariamos moito mellor".

Pola súa banda Paco Jémez, técnico do Rayo Vallecano, opinou que "a nosa primeira parte foi moi boa. O Dépor non nos chegou nada. E logo cambiou xente, meteu moita xente arriba e tivo o acerto e a fortuna de facernos 2 goles nas 2 primeiras xogadas que chegou. Non creo que sexa todo demérito noso. Hai que darlle mérito ao Dépor que soubo facer 2 goles nos seus 2 primeiras chegadas a porta".

Definiu a segunda parte como "tola" e insiste en que "non reprocho aos meus xogadores nada. Creo que foi máis mérito do Dépor".