RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fernando Vázquez valora o punto "para gañar o golaverage particular co Oviedo"

Fernando Vázquez manifestou na sala de prensa do Carlos Tartiere que non entende que chame a atención o cambio de sistema do Dépor após o descanso, "tendo cinco cambios e co marcador mal. Decidín intervir no descanso, o equipo mellorou. Estaba mal antes de recibir o gol e despois de recibir o gol. Entón decidín cambiar. O equipo conseguiu reaccionar e estivo mellor".

O técnico deportivista explicou que esta tarde en Oviedo "repetimos sistema de equipo para confirmar, xa que o factor campo desapareceu da competición. Quería reafirmarme ou non neste tipo de situación. Tivemos problemas para impor as nosas capacidades. Estivemos bastante mal e outra vez con bastantes erros do meu equipo. Por qué razón? Non se se sente a presión... Deberiamos xogar máis cómodos e con máis tranquilidade".

Confesa que espera un Dépor "con soltura, con confianza, con velocidade, sendo progresivo, penetrando, xogando cara a adiante. Iso é o que espero e o que adestramos. A realidade véxoa nos partidos. Non me gustou en exceso o partido ante o Sporting nesta estrutura. E hoxe cando un adestrador ten que cambiar, o que está a ocorrer non é o adecuado. Son dúas oportunidades que tiven para ver que o que estiven a adestrar no confinamento, especialmente nos últimos 15 días, non está a funcionar. Cando eu penso que debería funcionar".

Finalmente, Fernando Vázquez admite que "temos que gañar 15 puntos, gañar 5 partidos. Este empate o único que o valoro é que lle gañamos o golaverage particular ao Oviedo. Pode ser un punto máis a final de temporada".