RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Festival de goles do Orzán SD Cadete Feminino para concluír 2021

O Orzán SD Cadete Feminino concluíu 2021 cun festival de goles ante o SCD Milagrosa (10-0), en partido correspondente á 8ª xornada na liga Galega Cadete.

Laura Santos, Carla Lugilde, Candela Moreno, Ana Capelo, Nadia Longueira, Mica Baratelli, Sara Domínguez -3- e María Vilariño foron as autoras dos goles dun partido dominado de principio a fin polas orzanistas.

O choque serviu ademais para que Laura Santos regresase ao once inicial após superar a súa lesión; e fíxoo ademais marcando.

Con este resultado, o Orzán SD Cadete Feminino é cuarto na táboa con 16 puntos, a 3 dos segundos clasificados, Sárdoma CF e UD Mos, ambos con 19 puntos.

Orzán SD Cadete Feminino: Yaiza García, Noelia Furelos, Nadia Longueira, Paula Martínez, Daniela Basalo, Sara Domínguez, Mica Baratelli, Laura Santos, Carla Lugilde, Maca González e María Vilariño. Tamén xogaron: Carmen Traba, Ana Capelo, Paula Bermúdez, Antía García e Candea Moreno.

A competición para por Nadal e renovarase o 15 e 16 de xaneiro de 2022 coa visita do Orzán SD Cadete Feminino ao Sporting Club San Mateo.

Os resultados do Orzán SD Cadete Feminino até a data son os seguintes:

Orzán SD Cadete Feminino 2 (Ana Capelo e Maca González) - Umia CF 0
EF Feminino Rosalía 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Antía García)
Victoria CF 3 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e María Vilariño)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Candela Moreno, María Vilariño -2-, Antía García, Alexia Freire, Sara Domínguez, Ana Capelo -2- e Paula Sánchez -2-) - Caldas CF 0
UD Mos 2 - Orzán SD Cadete Feminino 2 (Paula Sánchez e Ana Capelo)
Orzán SD Cadete Feminino 3 (Ana Capelo -2- e Maca González) - Sárdoma CF 4
Lóstrego CF 0 - Orzán SD Cadete Feminino 1 (Sara Domínguez)
Orzán SD Cadete Feminino 10 (Laura Santos, Carla Lugilde, Candela Moreno, Ana Capelo, Nadia Longueira, Mica Baratelli, Sara Domínguez -3- e María Vilariño) - SCD Milagrosa 0