RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Festival goleador do Deportivo ABANCA B ante un rival directo para pechar o ano 2021

O Deportivo ABANCA B elixiu a un rival directo, o Umia CF, para darse un festín (7-0) de goles, en partido correspondente á 13ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional, última deste ano 2021.

O conxunto pontevedrés chegaba á Cidade Deportiva con dous puntos de vantaxe na clasificación pero apenas puido frear ao ataque deportivista, que sentenciou o choque antes do descanso, ao que se chegou con 5-0.

Tati -3-, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Uxía Cabada e María Calvo foron as goleadoras branquiazuis.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B é cuarto na táboa con 23 puntos.

Deportivo ABANCA B: Nuria, Ansede, Paula Novo, María Calvo, Aroa González, Marta Rico, Laura Testa, Carmen Carballada, Tati, Noela e Paula Monteagudo. Tamén xogaron: Trillo, Uxía Cabada, Marta Méndez, Elena López 'Cusi' e Laura Otero.

A competición detense até pasar as festas do Nadal co inicio da segunda volta, no que o Dépor ABANCA B recibe en Abegondo a un dos aspirantes ao título, o Viaxes InterRías FF.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Viaxes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1
PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero) - Oviedo Moderno CF B 1
Gijón FF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Trillo)
Deportivo ABANCA B 4 (Marta Méndez, Noela, Paula Monteagudo e Marta Rico) - Victoria FC 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 7 (Tati -3-, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Uxía Cabada e María Calvo) - Umia CF 0