RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Filipe, citado para disputar un amigable benéfico en Grecia

O deportivista Filipe foi convocado para representar ao Real Club Deportivo nun partido benéfico cuxos fondos irán destinados á Fundación Elpida, que axuda aos tratamentos de cancro para nenos en Grecia. O amigable será en Atenas o vindeiro luns 28 de mai

Este acto benéfico está promovido polo futbolista Ioannis Anastasiou, actual futbolista do Sparta de Róterdan e compañeiro de Filipe cando ambos militaron no Ajax de Amsterdam.
Esta mesma tempada, Cristian e Sergio participaron no Partido contra a Pobreza que, promovido polas Nacións Unidas, enfrontou en Marsella aos Amigos de Ronaldo contra os Amigos de Zidane. Nacións Unidas enviou recentemente un diploma e unha cariñosa carta de agradecemento ao Real Club Deportivo.