RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Filipe, 'Feliz' no Dépor e Lafita mostra o seu desexo de 'Ser en propiedade' do Club deportivista

Ángel Lafita compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa do Hotel Vilamartín. O centrocampista, que non leva nin unha semana na Coruña, indicó que "gustarmeía que o Deportivo m

Pola súa banda, Filipe concedeu unha rolda de prensa nada máis pisar o Hotel Vilamartín. Tras abrazarse co Delegado do equipo, Juan Anxo Barros, o brasileiro recibiu a benvida de Riki e Lopo, cos que coincidiu na recepción do cuartel xeral do Deportivo. Con cara de cansazo, explicou que saíra da súa casa o sábado pola mañá, "pero co sucedido no Aeroporto de Sao Paulo complicáronse as cousas e aparecín esta mañá".
"Estou moi feliz. Sempre quixen vir ao Deportivo", comentou Filipe ante os xornalistas. Sinalou que chega cedido unha tempada "máis ou menos en similares condicións que a pasada" e desvelou que as conversacións "comezaron o pasado mes de marzo. Eu tiña outras opcións pero sempre quixen vir ao Dépor. Son feliz aquí".
"A partir de agora hai que pelexar por un posto. E se o Club ficha a outro lateral zurdo, pois seguro que o equipo sairá gañando", concluíu Filipe minutos antes de coñecer ao seu novo adestrador, Miguel Anxo Lotina, e entrar no comedor do Hotel Vilamartín cos seus compañeiros.

Luís Filipe aterrou esta mañá ás 10.30 no Aeroporto da Coruña. Na terminal do aeródromo coruñés agardábao Richard Moar, Director Deportivo, que o trasladou a Vilalba, onde chegou cara ás 13.00 horas, é dicir, xusto para comer cos seus compañeiros.

Pola tarde, o persoal deportivista adestrarase no Pavillón Municipal en dúas quendas, ás 17.30 e ás 19.00 horas. Antes, pola mañá, o equipo adestrouse no seu horario habitual, ás 9.30, no Campo da Madalena.