RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Filipe: O Presidente ensinoume a outra cara e eu estou moi contento de estar aquí

var ivPlayer1794942 = new IVPlayer("350", "263",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer1794942.playVideo('player1794942', 'rp_filipeluis_abegondo_14_01_2010_ts

Con todo, tal e como recoñeceu o propio Filipe hoxe ante os medios de comunicación, o partido non foi fácil para el: "Empecei un pouco perdido. Estaba preocupado por tapar a Miguel, que ademais foi o que deu os dous centros de gol. Logo, na segunda metade, as cousas melloraron".
 
Filipe insiste en que a súa posición é a de lateral zurdo e lembrou as palabras de Dunga, seleccionador de Brasil, quen advertiu que non levaría a futbolistas que xogasen noutra posición. De todos os xeitos, o deportivista está moi centrado no seu Club: "Se quero ir ao Mundial, teño que facer unha gran tempada no meu equipo".
 
O defensor zurdo branquiazul insistiu en que o vivido este verán fíxolle madurar: "O Presidente (por Augusto César Lendoiro) ensinoume a outra cara e eu estou moi contento de estar aquí".
 
En canto á Copa, Filipe teno claro e prefire o Sevilla: "O Barcelona veu aquí e deixounos moi tocados física e psicoloxicamente. Teñen a pelota todo o partido".