RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Filipe: Teño a esperanza de poder estar no Mundial con Brasil

Filipe compareció esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol tras completar con éxito o seu segundo adestramento co equipo en Abegondo. "Teño a esperanza de estar no Mundial con Brasil. E mentres vexa que non estou n

-Aínda non se cumpriron tres meses da lesión e vemos a Filipe adestrando co equipo.
-Isto demostra que o traballo o fai todo na vida. O meu traballo e tamén o de moita xente que estivo ao meu lado e apoioume nestes meses.

-¿Estás tan ben como parece?
-Si. Eu adestro e síntome estupendamente. Algúns movementos cústanme un pouquiño porque o meu corpo non está adoitado. O primeiro día por exemplo cheguei a casa cheo de agujetas.

-¿O milagre de xogar nesta Liga está máis preto?
-Sempre crin niso. Desde o primeiro momento da lesión expúxenmo como obxectivo. Sei que queda pouco para acabar a liga, e que estamos aí na zona media da táboa, pero creo, tal e como dixo o míster onte, que é importante para min. Eu medo non vou ter porque a lesión foi froito dun lance desgraciado e non dunha patada dun rival.

-¿Quizais o Mallorca, por aquilo de ser en casa, sería a data?
-Podería ser. Pero o certo é que non me poño prazos.

-Poderás cumprir así a promesa que lle fixeches ao porteiro do Athletic, Gorza Iraizoz, de que lle verías en Bilbao?

-Onte chamoume e alegrouse moito de que volvese. Gañei un amigo.

-Todo iso demostra o importante que é a confianza nun mesmo.

-Hai miles de libros que contan ésto precisamente. Cando unha persoa quere superarse vaino a lograr, e con lesións moito peores que a miña. Espero que eu haxa tamén servido de exemplo a moita xente. Desde logo hai que ser sempre moi alegre e positivo.

-¿Es agora máis home e máis futbolista?

-Sen ningunha dúbida. Agora valoro moito máis cousas que antes non valoraba.

-¿Chamouche Dunga?

-Non. Pero estou en permanente contacto co médico da Selección e cun dos seus fisioterapeutas, que agora mesmo traballa con Juca.