RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fin á primeira semana de pretemporada do Dépor ABANCA

Un adestramento en Abegondo puxo esta mañá o punto e final a unha frenética primeira semana de pretemporada para un Dépor ABANCA de estrea.

Mañá domingo 1 de agosto será xornada de descanso para o cadro branquiazul. O equipo deportivista retoma o traballo o luns 2 de agosto ás 10:30 na Cidade Deportiva.

O pasado martes, o renovado cadro deportivista someteuse a probas médicas no Centro QuirónSalud de ABANCA-RIAZOR. Nestas probas, rutineiras cada verán (electrocardiograma, analítica...), uníronse nesta ocasión as correspondentes ao COVID-19.

O mércores, o equipo presentouse en Abegondo nun acto privado ao que asistiu o Presidente do Club, Antonio Couceiro. A continuación, o Dépor ABANCA adestrouse por primeira vez no céspede da Cidade Deportiva, xa ás ordes de Miguel Llorente e o seu novo corpo técnico.

Finalmente o pasado xoves, o protagonismo foi para os medios de comunicación antes de arrancar o traballo diario no campo 5. Ás 17:00, no campo principal, houbo foto de familia de todo o equipo, das novas incorporacións posteriormente e, para concluír, do corpo técnico encabezado por Miguel Llorente.

O Dépor ABANCA ten xa confirmada a súa primeira cita de pretemporada, con motivo da IX Edición do Trofeo Teresa Herrera. Será o domingo 8 de agosto ás 17:30 en ABANCA-RIAZOR co Valadares Gaia FC portugués de rival. O encontro será ofrecido en directo pola canle de YouTube do RC Deportivo.