O Dépor ABANCA concluíu hoxe sábado cun adestramento matinal en Abegondo unha nova semana de pretemporada.
Manu Sánchez, técnico deportivista, concedeu dous días de descanso, mañá domingo 6 de setembro e o luns 7, á espera de coñecer as datas definitivas de inicio da competición na Primeira Iberdrola.
O cadro branquiazul retomará os adestramentos na Cidade Deportiva o martes 8 de setembro ás 17:00.