Fin de pretemporada histórico para o Deportivo ABANCA, con partido en Da Luz ante o Benfica
O último test do verán para o Deportivo ABANCA será mañá sábado 1 de setembro nunha cita histórica, a invitación do Benfica de Lisboa para participar no nacemento do equipo feminino do club máis laureado de Portugal.
O partido co que o conxunto deportivista pechará a súa pretemporada disputarase nun marco incomparable como é o Estadio da Luz, escenario da final da Eurocopa 2004, con capacidade para 66.000 afeccionados.
Para este especial amigable, Manu Sánchez citou a estas xogadoras: Anita, Miralles, Cris, Patri Rúa, Laura, Patri López, Iris, Ali Muñoz, Gaby, Lía, Peke, Alba Suárez, Teresa, Érika, Carlota, Silvia Mérida, Kika e María Calvo.
Así marcha a pretemporada do Deportivo ABANCA:
Sábado 4 de agosto, campo de La Eragudina (Astorga): Deportivo ABANCA 2 (Lía e Alba Merino) - EDF Logroño 0 Domingo 5 de agosto (Copa Deputación, oitavos de final), Anexo das Eiroas (Carballo): Bergantiños 0 - Deportivo ABANCA 13 (María Calvo -2-, Érika -2-, Carlota, Iris -3-, Patri López -3- e 2 goles en propia meta) Domingo 12 de agosto (Copa Deputación, cuartos de final), San Pedro de Visma 1: Imperátor 0 - Deportivo ABANCA 13 (Lía -2-, Peke -2-, Alba Suárez -3-, María Calvo, Sara Piñeiro -2-, Miriam, Cris e Silvia Mérida) Sábado 18 de agosto, Cidade Deportiva de Abegondo: Deportivo ABANCA 0 - Sporting Braga 3 Domingo 19 de agosto (Copa Deputación, semifinais): Deportivo ABANCA 6 (Michelle Romero, Ali Muñoz, Lía, Teresa, Gaby e Alba Suárez) - Victoria FC 0 Mércores 22 de agosto, Ponte dos Brozos de Arteixo (Copa Deputación, final): Deportivo ABANCA 4 (Laura, Teresa, Iris e Patri Rúa) - Victoria CF 0 Sábado 25 de agosto (Trofeo Villa de Jovellanos): Deportivo ABANCA 1 (Teresa) - Athletic Club 5 Sábado 1 de setembro, Estadio da Luz (Lisboa), 19:00 h. (18:00 h. en Portugal): Benfica - Deportivo ABANCA