RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
INFANTÍS

Fin de semana con torneos amigables para cinco equipos de #ANOSACANTEIRA

Arrincou onte venres 23 de xuño un novo fin de semana de torneos para cinco equipos de #ANOSACANTEIRA: Infantil B, os dous equipos alevíns e os dous benjamines.

O Infantil B conclúe a temporada coa Levante Cup

O Infantil B pecha este fin de semana unha longa temporada, marcada pola consecución do título ligueiro no grupo 1º da Primeira Autonómica.

Os deportivistas participan na Levante Cup 2017, un torneo que se disputa en Almería, en catro sedes (Garrucha, Mojácar, Turre e Beira), desde onte venres 23 a mañá domingo 25 de xuño.

O sorteo do calendario de competición foi onte venres. Haberá unha Primeira Fase que se xoga baixo o sistema de liguiña. A continuación, os dous primeiros de grupo pasan á Fase polo Título e os dous seguintes, a unha Fase de Consolación.

O calendario da Primeira Fase para o Infantil B é o seguinte:

Sábado 24 de xuño

09:40: SELECCIÓN OCCIDENTAL - INFANTIL B (en Mojácar)
11:40: MOJÁCAR - INFANTIL B (en Mojácar)
17:10: A.D LORQUÍ - INFANTIL B (en Mojácar)

O Benxamín B arrincou a Barrinha International Cup con dous triunfos

O Benxamín B atópase na localidade portuguesa de Esmoriz, participando na Barrinha International Cup 2017.

O conxunto deportivista chega en gran momento de forma, pois acaba de proclamarse campión do Torneo Vila das Pontes (o domingo pasado) e subcampión do Trofeo Concello de Boiro (o día anterior, sábado).

O calendario do Benxamín B da Primeira Fase, cos resultados de onte venres, é o seguinte:

Venres 23 de xuño

CORTEGAÇA 1 - BENXAMÍN B 6 (Diego -3-, Yago, Íker e Raúl)
BENXAMÍN B 5 (Diego -2-, Raúl, Marco e Anxo) - FEIRENSE 2

Sábado 24 de xuño

10:40: FC PORTO DRAGÓN FORCE VITALIS - BENXAMÍN B
15:50: BENFICA - BENXAMÍN B

O Alevín B compite hoxe sábado e mañá domingo na CDLU CUP 2017

O Alevín B participa este fin de semana na CDLU CUP 2017, un torneo organizado polo CD Lugo no Estadio Anxo Carro.

O cadro deportivista terá como rivais na Primeira Fase ao Sporting de Gijón, Victoria e Málaga CF.

O calendario do Alevín B é o seguinte:

Sábado 24 de xuño

12:00: ALEVÍN B - SPORTING DE GIJÓN
15:00: ALEVÍN B - VICTORIA
19:00: MÁLAGA - ALEVÍN B

Os dous primeiros clasificados pasan a cuartos de final, que se xogarán xa o domingo 25.

Dobre representación do Club (Alevín A e Benxamín A) no Torneo do Coruxo FC

Dous equipos (Alevín A e Benxamín A) representarán ao RC Deportivo no Torneo que organiza o Coruxo FC no campo de O Vao (Vigo) hoxe sábado 24 de xuño.

Así, o Alevín A ten este calendario na Primeira Fase:

10:30: ALEVÍN A - OPORTO
13:00: CORUXO - ALEVÍN A
16:00: ALEVÍN A - PORRIÑO

O tres primeiros clasificados acceden a cuartos de final, que se xogan a continuación.

Pola súa banda, o Benxamín A competirá con estes horarios na Primeira Fase:

10:30: BENXAMÍN A - OPORTO
12:00: CORUXO - BENXAMÍN A
15:00: BENXAMÍN A - PORRIÑO

O tres primeiros clasificados pasan a cuartos de final, xa inmediatamente.