Fin de semana sen fútbol para o Fabril, que retomará a liga ante o CD Estradense en Abegondo o próximo 11 ou 12
O partido do Fabril no campo principal de Abegondo ante o Atlético Arnoia, previsto para hoxe sábado 4 de decembro, foi suspendido por un caso positivo de COVID no equipo ourensán.
Agora será o Comité de Competición da Federación Galega o que fixe unha nova data unha vez que o permita a situación sanitaria do Atlético Arnoia.
Así pois, o filial deportivista queda con 21 puntos na zona media-alta da táboa.
O vindeiro mércores 8 de decembro, día festivo, hai unha nova xornada de liga na que o Fabril tería que visitar na Coruña ao Silva SD. Non obstante este partido xogarase finalmente o mércores 22 de decembro ás 21.00 na Grela 1.
Por conseguinte, a seguinte cita para o Fabril será a fin de semana do 11 e 12 de decembro de novo en Abegondo ante o CD Estradense, en choque correspondente á xornada 16ª.
Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:
Fabril 0 - Racing Villalbés 0 Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay) Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0 Polvorín FC 1 - Fabril 0 Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0 Ourense CF 0 - Fabril 0 Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0 SD Xuvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0 Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1 Alondras CF 1 - Fabril 0 Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0 CSD Arzúa 2 - Fabril 1 (Runy) Fabril - Atlético Arnoia, aprazado