RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fin dunha semana sen fútbol para o Deportivo ABANCA

O Deportivo ABANCA puxo fin hoxe sábado, cun último adestramento en Abegondo, a unha semana sen fútbol de competición oficial.

Durante estes días de traballo, Manu Sánchez non puido contar con Stephannie Blanco e Noelia Bermúdez, concentradas con Costa Rica para dous partidos amigables en México; nin con Eva Dios, que estivo con España sub-19 en Marbella.

O técnico deportivista concedeu mañá domingo xornada de descanso. O Dépor ABANCA volve aos adestramentos o luns 22 de febreiro ás 16:30 en Abegondo.

A seguinte cita para o equipo branquiazul será o domingo 28 ás 12:00 ante o Rayo Vallecano na Ciudad Deportiva Fundación Rayo Vallecano, en partido aprazado e correspondente á 7ª xornada.

Para esta cita ligueira será baixa segura Noelia Villegas, expulsada o pasado domingo ante o Real Betis.