RCD / NOVAS

Final da Copa Deputación e torneo en Xixón, na axenda semanal do Deportivo ABANCA

12/08/2019 19:50

Semana de pretemporada apertada para o Deportivo ABANCA, con dúas citas amigables: o mércores 14 a final da Copa Deputación nas Eiroas (Carballo) ante o Victoria CF; e o sábado 17 o Torneo Vila de Jovellanos en Xixón, con Sporting de Gijón e Real Oviedo Femenino como rivais.

Ademais, Manu Sánchez, técnico deportivista, dispuxo 4 adestramentos en Abegondo, desde hoxe luns ao domingo 18.

A planificación semanal, sempre pendente de modificación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 12 de agosto
17:00: Adestramento en Abegondo

Martes 13 de agosto
19:00: Adestramento en ABANCA-RIAZOR

Mércores 14 de agosto
18:00: Deportivo ABANCA - Victoria CF, nas Eiroas (Carballo)

Xoves 15 de agosto
Descanso

Venres 16 de agosto
17:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 17 de agosto
Torneo Vila de Jovellanos (3 en 1)
17:15: Deportivo ABANCA - Real Oviedo Femenino
18:15: Sporting de Gijón - Deportivo ABANCA

Domingo 18 de agosto
10:30: Adestramento en Abegondo