RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Florin Andone, á selección de Romanía

Florin Andone foi convocado pola selección de Romanía para disputar dous partidos internacionais o próximo mes de xuño.

Así, o sábado 10 de xuño, a selección romanesa visita a Polonia, en partido clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018, que comezará ás 20:45 en Varsovia.

A continuación, o martes 13, Romanía mídese a Chile nun partido amigable que terá lugar na cidade de Cluj.

O dianteiro deportivista viaxa inmediatamente ao seu país, para unha concentración que se inicia o vindeiro luns 29 de maio.

Kakuta entra na convocatoria definitiva do RD Congo

A Federación Congoleña de Fútbol comunicou ao RC Deportivo a convocatoria do xogador branquiazul Gaël Kakuta para unha concentración do equipo nacional, que terá lugar a partir do xoves 25 de maio en Rabat (Marrocos).

Durante esa concentración, a selección congoleña disputará dous partidos amigables: o domingo 4 de xuño contra Botswana (15:30 hora local); e o luns 5 de xuño contra o club marroquí Raja de Casabranca.

Estes dous partidos servirán de preparación para o partido clasificatorio para a Copa de África Camerún 2019, que se xogará o sábado 10 de xuño no Stade des Martyrs de Kinshasa (18:30, hora local) ante a República do Congo.

Emre Çolak, na antesala da Selección de Turquía

Emre Çolak está preseleccionado por Turquía para dous partidos internacionais a principios do próximo mes de xuño.

O luns 5 de xuño, o equipo turco visita Macedonia nun partido amigable que se xogará na capital Skopje, no City Stadium.

E o domingo 11 de xuño, Turquía, en partido clasificatorio para o Mundial de Rusia 2018, mídese a Kósovo ás 20:45 (hora local), no Loro Borici Stadium da cidade albanesa de Shkoder.

A lista definitiva farase pública o próximo 26 de maio. En caso de ser convocado, Emre Çolak terá que incorporarse á concentración do equipo o xoves 1 de xuño.

Fayçal entra nunha primeira lista para os dous próximos partidos de Marrocos

Fayçal Fajr acaba de ser preseleccionado para os dous próximos partidos de Marrocos.

O primeiro destes encontros será amigable, o mércores 31 de maio ás 17:30 ante Holanda no Gran Estadio de Agadir.

O sábado 10 de xuño, Marrocos visita Camerún, en partido que se xogará en Yaounde, clasificatorio para a Copa de África.

Nos próximos días, a Federación Marroquí de Fútbol fará pública a lista definitiva.