RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Florin Andone medirase con Romanía a Armenia e Montenegro

A Federación Romanesa de Fútbol comunicou ao RC Deportivo a convocatoria de Florin Andone para dous partidos oficiais, clasificatorios para o Campionato do Mundo de Rusia 2018.

Así, o venres 1 de setembro, Romanía mídese a Armenia na capital Bucarest; e o luns 4, o combinado romanés visita a Montenegro nun choque que se xoga en Podgorica.

Andone terá que incorporarse á concentración o domingo 27 de agosto, xusto despois do partido que o Dépor xogará no Ciutat de València ante o Levante, do sábado 26 ás 20:15 horas (Bein LaLiga).

Uruguai convoca a Fede Valverde para dous partidos de clasificación para o Mundial

A Federación Uruguaia de Fútbol convocou a Fede Valverde para os próximos encontros de clasificación para o Mundial de Rusia 2018, nos que o combinado celeste deberá enfrontarse a Arxentina e Paraguai, a finais de agosto e comezos de setembro.

É a primeira citación na selección absoluta para o novo centrocampista branquiazul, que o pasado mes de xuño foi elixido Balón de Prata da Copa do Mundo Sub-20, na que Uruguai alcanzou as semifinais.

A selección de Uruguai deberá enfrontarse a Arxentina en Montevideo o 31 de agosto (20:00 hora local) e render visita a Paraguai o 5 de setembro (20:00 hora local).

O combinado celeste ocupa agora mesmo a terceira praza da fase de clasificación de Sudamérica. Os catro primeiros clasificados obterán o billete para Rusia e o quinto deberá xogar unha eliminatoria contra o campión de Oceanía cuxo vencedor tamén estará no Mundial.