RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Florin Andone, mellor xogador de LaLiga Santander no mes de decembro

O dianteiro romanés do Deportivo Florin Andone foi nomeado mellor xogador de LaLiga Santander no mes de decembro por diante dos xogadores do FC Barcelona Leo Messi e do Sevilla FC Vitolo. O galardón de LaLiga supón un recoñecemento ao gran traballo do dianteiro e do equipo branquiazul no último mes de 2016.

Andone recibiu o galardón de mellor xogador de decembro de mans de Carlota Domínguez Álvarez, directora de zona A Coruña do Banco Santander.

"Para min é un orgullo, realmente nunca me imaxinaba poder estar a este nivel e é un pracer conseguilo grazas ao meu equipo que traballou moi duro o mes pasado", recoñeceu Andone tras a entrega do premio. "Eu sempre confiei moito en min, son unha persoa que nunca me conformo coas cousas que consigo, sempre quero máis, e sempre me entrego ao 100%". "Dedícollo ao meu equipo, aos meus compañeiros, porqe sen eles este premio non sería posible".

Florin Andone xa recibiu este galardón cando militaba no Córdoba en LaLiga 1|2|3, pero recoñece as diferenzas entre amabas categorías "En LaLiga Santander están os mellores xogadores do mundo, o nivel é moi alto, a esixencia é máxima e tes que coidar o mínimo detalle para levar os tres puntos, para facer bos partidos e a nivel individual para mellorar día a día".