RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Florin Andone: Os dianteiros vivimos do gol, pero non estou nada preocupado

Florin Andone foi o protagonista esta mañana na sala de prensa de Abegondo. Asegura o dianteiro estar "feliz por estar aquí. Estou moi contento por xogar, pola confianza do míster, pola confianza das miñas compañeros. Moi

Andone ve ao Deportivo "moi ben. Os resultados non nos acompañaron esta semana. O equipo contra o Leganés merece a vitoria, contra o Atlético de Madrid deu a cara, traballou moi ben. É verdade que o Atlético de Madrid no Calderón é o Atlético de Madrid. Non hai que esquecerse de contra quen xogaramos. O equipo deu a cara, o equipo traballou. Todos os compañeiros demos a cara uns por outros e estamos moi contentos co traballo que fixemos. Agora semana nova, equipo novo o sábado coa idea de gañar o tres puntos e ter un pouco de tranquilidade".

Lembra respecto dos comentarios dirixidos a el por non estrearse como goleador na liga, que "se o gol do Athletic non mo anularon, e traveseiro do Leganés entrase e leva dous ou tres goles, pois xa ninguén diría nada. Pero agora como non entraron os goles, pois todo o mundo a adaptación, os nervios. Estou tranquilo. Adapteime xenial. Estou a xogar. Confianza no míster ao cento por cento, confianza nos meus compañeiros ao cento por cento. Estou feliz. Lévome moi ben con toda a xente. Teño amigos no vestiario. Estou ao cento por cento xenial".

Neste sentido, confesa que cando chegue ese primeiro gol, "primeiro gritareino moito porque teño ganas de meter un, non vouche a mentir. Os dianteiros vivimos do gol, pero non estou nada preocupado. Mentres siga xogando, é que algo estou a facer ben. É cuestión de tempo. Isto non é como empeza, tampouco é como acaba, pero son 38 xornadas, pódense meter moitos goles ou se pode meter menos goles e tentar axudar doutra forma ao equipo. É cuestión a estar a disposición do míster e dos teus compañeiros".

Valora a achega de futbolistas como Emre Çolak ou Fayçal: "Os dous son grandes xogadores. Os dous están a achegarnos moitísimo. Son dous xogadores parecidos e á mesma vez diferentes. Pero son dous grandísimos xogadores. Non sinto a diferenza entre Çolak ou Fayçal".

Do choque ante o Sporting de Xixón, este sábado 1 de outubro en Riazor (20.45, Bein Sports), preveé Florin Andone un partido "difícil, un partido que eles van vir seguro a gañar. Pero nós temos mentalidade gañadora, temos mentalidade de ter o control sobre o rival. Esta vez si que imos gañar, imos facer un bo partido e a xente vai gozar".

Respecto de Gaizka Garitano, o internacional romanés non ten ningunha dúbida e subliña que o persoal deportivista "está a matar cento por cento co adestrador. Hai un 'feeling' da hostia. Estamos xenial con el, el está xenial connosco. Oxalá quede aquí dez anos se se ten que quedar. A xente querémolo moitísimo e estamos moi a gusto con el".