RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Florin Andone recibiu o Premio Clínica Pardiñas ao mellor xogador da Temporada 2016-17

O dianteiro deportivista Florin Andone recibiu onte mércores na sede da Fundación Pardiñas o Premio Fundación Clínica Pardiñas ao mellor xogador do Deportivo da temporada pasada, 2016-17.

O acto, no que participou tamén a porteira do Deportivo ABANCA Anita, arrancou ás 19:00 horas e estivo presentado polos xornalistas Óscar Martínez (Radio Marca) e Víctor Losada (Riazor.org).

Nada máis recoller o premio de mans de Simón Pardiñas, Presidente da Fundación, Andone agradeceu a todos a concesión deste galardón e expresou o desexo de que esta temporada "sexa máis tranquila".

Un sorteo de agasallos branquiazuis a todos os presentes puxo o punto e final a un entrañable acto.

Florin Andone tamén recolleu onte o Trofeo Víctor Gómez Lage-DxT ao mellor xogador do Dépor da temporada pasada (2016-17), que outorga a Federación de Peñas do RC Deportivo en colaboración co diario DxT Campeón, nun acto celebrado no restaurante 21 Parque Europa.

- Foto: DxT Campeón -