RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Florin Andone, Xogador Estrella Galicia do Dépor en novembro

O dianteiro internacional romanés do Real Club Deportivo, Florin Andone (Joldeşti - Romanía, 11 de abril de 1993), foi elixido polos afeccionados do Dépor como Xogador Estrella Galicia do mes de novembro. Dos máis de 5.500 votos recibidos, o ariete aglutinou máis do 75% dos apoios entre a terna de candidatos que completaban Juanfran Moreno e Celso Borges.

Os resultados das votacións foron: Florin Andone (77% dos 5.079 votos en Twitter - Juanfran 15% - Borges 8%; e 78% dos 476 en Facebook - Juanfran 12% - Borges 10%). Entre todos os participantes sorteáronse entradas dobres para o partido do próximo domingo ante Osasuna, que levan o usuario de Twitter @jorgetain10 e a seguidora de Facebook Patricia RCD.

O xogador agradeceu o galardón a todos os deportivistas que votaron por el e a Estrella Galicia a entrega do galardón, comprometéndose a "seguir loitando por conseguir o obxectivo do equipo", antes de pechar o seu agradecemento cun "Forza Dépor!".

Os deportivistas elixiron ao mellor xogador dos partidos contra Granada, Sevilla, Málaga e Betis (este último de Copa do Rey). Ata o momento Andone disputou 15 partidos de Liga, acumulando 1.225 minutos, 5 goles marcados en 4 xornadas consecutivas (3 delas os partidos de LaLiga que computaban para este galardón) e os 90 minutos do partido de Copa no Benito Villamarín.

O dianteiro branquiazul substitúe a Emre Çolak como xogador Estrela Galicia do mes, despois de que o internacional turco se fixese cos galardóns de setembro e outubro.