RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

''Foi un partido típico de pretemporada'', sosteñen Luisinho e Saúl en zona mixta

  Luisinho, en zona mixta do Pepe Barreira de Ribadeo, calificó o choque desta tarde como "un partido típico de pretemporada. Estamos a coller a forma". O lateral branquiazul destacó que na primeira metade "dei

Da chegada de futbolistas con experiencia na elite, caso de Sidnei ou Cani, Luisinho sostén que "o ano pasado sufrimos ata o final, e non queremos pasar por ésto. Fáltanos algún xogador, e hai que esperar".

Na mesma idea incidiu Saúl: "as sensacións non son do todo boas. Perdemos, pero é un partido de pretemporada. Hai que ir mellorando, collendo conceptos. O campo estaba mal e eles tentaron xogar mellor que nós. No primeiro tempo domináronnos moito máis. Custounos entrar e empeñámonos no xogo directo. Na segunda parte tivemos un arreón bastante bo. O equipo creou ocasións, estaba aí arriba, pero co paso dos minutos non conseguimos materializar as ocasións".