Forza e intensidade nunha mañá invernal en Abegondo
Con moito frío e intensa choiva, o primeiro equipo tivo esta mañá unha dura sesión de adestramento en Abegondo.
Os futbolistas tiveron un circuíto de forza, un traballo de posesión e partidos en espazo reducido, de alta intensidade, cos xogadores divididos en tres equipos. Un partido a metade de campo puxo o punto final ao adestramento sobre o céspede.
Sen os internacionais (Borges, Fayçal, Emre Çolak e Kakuta), Sidnei e Carles Gil adestráronse co readaptador Fran Molano, entre o ximnasio e o céspede. Alejandro Arribas, cunha contusión no nocello do partido ante o Celta, quedou cos fisioterapeutas.
Mañá venres terá lugar a última sesión de adestramento desta semana sen fútbol ligueiro. Será ás 09.30 h. na cidade deportiva.