RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Forza e intensidade para iniciar a semana de adestramento

O Deportivo arrincou esta mañá en Abegondo a semana de adestramentos de face ao partido deste sábado 26 de novembro en Málaga (13.00 horas, Bein Sports). A sesión de hoxe foi intensa, cun traballo de forza, un exercicio de transicións defensa-ataque e ataque-defensa, e, para concluír, partidos en espazo reducido, con equipos de seis xogadores.

Arribas, con molestias na coxa dereita pendente de avaliación médica, retirouse antes que os demais futbolistas.

Joselu, tras realizar o quecemento co grupo, adestrouse co readaptador Fran Molano, do mesmo xeito que Laure e Borja Vale.

Mañá mércores, o equipo adestrarase en Riazor a porta pechada, a partir das 10.30 horas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 23 de novembro
10.30: Adestramento en Riazor, a porta pechada

Xoves 24 de novembro
10.30: Adestramento en Abegondo

Venres 25 de novembro
10.30: Adestramento en Abegondo

Sábado 26 de novembro
13.00: Málaga - Deportivo na Rosaleda

Domingo 27 de novembro
10.30: Adestramento en Abegondo