RCD / NOVAS

Francis Uzoho afronta dúas novas probas con Nixeria

18/03/2018 12:16

O meta deportivista Francis Uzoho foi convocado por Nixeria para dúas novas probas de cara ao Mundial de Rusia 2018.

O venres 23 de marzo, Nixeria enfróntase a Polonia en Breslavia (20:45), e o martes 27 terá como rival a Serbia en The Hive Stadium en Londres (21:00, hora local).

Por conseguinte, Francis será baixa para o partido do Fabril ante o Pontevedra da próxima fin de semana.

Suíza preparará con Schär a cita mundialista

Suíza citou ao deportivista Fabian Schär para dous amigables de preparación para o próximo Campionato do Mundo.

Así, o venres 23 de marzo, os suízos xogan ante Grecia en Atenas (20:00 hora local), e o martes 27 de marzo no Swissporarena de Lucerna (19:00 horas) ante Panamá.

O central branquiazul emprendeu viaxe após o encontro de onte no Estadio ABANCA-RIAZOR ante a UD Las Palmas.

Escocia e Tunisia, próximos compromisos da Costa Rica de Celso Borges

A selección de Costa Rica, con Celso Borges entre os convocados, preparará ante Escocia e Tunisia a próxima cita mundialista.

O venres 23 de marzo Costa Rica visita a Escocia no estadio Hampden Park (19:45, hora local) de Glasgow, e o martes 27 de marzo mídese a Tunisia no Alliance Riviera da cidade francesa de Niza (20:00 horas).

Mañá luns 19 de marzo, o mediocentro deportivista deberá incorporarse á concentración da súa selección en Glasgow.

Dous novos amigables para Florin Andone con Romanía

O dianteiro deportivista Florin Andone foi convocado polo seu equipo nacional, Romanía, para dous partidos amigables.

Así, o venres 23, os romaneses visitan a Israel, na cidade de Netanya (20:30, hora local), e o martes 27 reciben no Ion Oblemenco de Craiova (Romanía) a Suecia (20:30).

Andone lesionouse onte ante a UD Las Palmas no xemelgo interno da súa perna esquerda. Os Servizos Médicos do Dépor xa informaron á Federación Romanesa de Fútbol.

Máis novas de: ANDONE, BORGES, SCHÄR